ANPA SANTA MARIÑA  (C.E.I.P. SERRA VINCIOS)

VINCIOS - GONDOMAR



A ANPA Santa Mariña é unha asociación aberta a todas as nais e pais dos alumnos do CEIP Serra Vincios.

 

Dende a directiva traballamos en colaboración coa dirección e o claustro de profesores do centro, tentando sempre aportar co noso esforzo e o noso entusiasmo todo o que nos sexa posible na procura de atender as necesidades de alumnos e nais/pais. Para elo xestionamos entre outras, a aula matinal, o transporte despois do comedor, varias actividades extraescolares e participamos en programas que teñen que ver co desenrolo educativo dos nosos fillos.

 

Estamos tamén presentes nos órganos de decisión do centro como é o Consello Escolar e as súas comisións delegadas, aos que trasladamos as propostas e suxestións xurdidas das asembleas. É por isto que se fai moi importante a participación de todos os socios na aportación de ideas que axuden a mellorar e dinamizar todo o relacionado co centro no que as nosas fillas e fillos levan a cabo o seu crecemento educativo.